Bases do Concurso

  • Tema

    O concurso ten como tema “O Nadal en Cangas”. Os debuxos deberán reflectir a esencia da Navidade na vila de Cangas, combinando elementos típicos destas datas con referencias á localidade.

  • Data

    Os traballos deberán ser entregados o día 23 de decembro entre as 16:30 e as 17:30 horas.

  • Lugar

    O concurso realizarase na Explanada das naves de Ojea, en Cangas do Morrazo.

  • Categorías

    • Pequeniños: de 3 a 6 anos.
    • Medianos: de 7 a 11 anos.
    • Maiores: de 12 a 16 anos.
  • Xurado

    Un xurado profesional formado pola ilustradora Carmen Pintos, Alba de “LALOLA | Estudio de Branding”, Mela Iglesias de “Comunicacción” e Xose de “Estudio Kintek” elixirán os gañadores en cada categoría.

  • Anonimato

    Para garantir a imparcialidade, os debuxos non deben estar firmados. A cada participante asignaráselle un código único ao entregar o seu traballo.

  • Documentación

    A organización podería solicitar aos gañadores o DNI, partida de nacemento ou outro documento que acredite a súa idade.

  • Formato do Debuxo

    Os debuxos deberán presentarse en tamaño A4.

  • Entrega de Premios

    Tras a deliberación do xurado, procederase á entrega de premios.

Os premios

  • Tablet Infantil Alcatel Tke Mini

    Categoría de 3 a 6 anos

    Tablet Infantil Alcatel TKE mini

  • Wacom One Small

    Categoría de 7 a 11 anos

    Tableta digitalizadora Wacom One Small

  • Wacom One Small

    Categoría de 12 a 16 anos

    Tableta digitalizadora Wacom One Small

Cartel O Son do Nadal

Boxed:

Sticky Add To Cart

Font: